Boletín electrónico da Biblioteca Rosalía de Castro
28 abr 2007
María Mariño, fragor no verso
Podemos facer un achegamento á vida da poeta María Mariño Carou parándonos en tres lugares: Noia, a ,vila mariñeira na que verá a luz un 8 de xuño de 1907, e na que pasará asúa infancia e primeira xuventude. Escarabote, unha pequena aldea mariñeira do concello de Boiro, aquí chega María con vinte anos e aquí coñece ao que será o seu compañeiro, o mestreRoberto Blanco Posse. Parada do Courel, a aldea da montaña luguesa onde vivirá os últimos vinte anos da súa vida e a onde chega arrastrando un monllo de fonda tristura pola perda da súa nai, do seu irmán e do fillo que non chegaría a cumprir os dous meses. Toda a bagaxe de vivencias coas que María Mariño Carou chega ás terras courelás vaise metamorfosear enorixinais versos, poemas- ponte para atravesar do mundo dos sentimentos ao da natureza, domundo das ausencias obrigadas ao da lembranza permanente, do mundo dos desexos frustrados á plenitude gozada. Daquela María Mariño non pode tecer cunha lingua gastada, cansa, feble. Se é preciso vaise lavar no mar cada palabra e poñer ao clareo cada verso para que recuperen prestancia, solidez, equilibrio. Romperá as regras e. creará nos seus versos novas palabras e novas estruturas lingüísticas. María Mariño fará do seu desexo semente co que dar a luz a súa obra.
CÁNTOS camiños fartos! Cántas frores recendentes! Donos aires me levaron i en cántos veño que non teño! Hai sol de nevaradas. Hai xeadas que alumean. Hai aires de bon pasar e que sempre atrás se quedan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario