30 abr 2007

As vosas críticas...Harry Potter e o misterio do príncipe

No sexto libro da saga, Harry Potter e o misterio do príncipe , o xoven mago regresa a Hogwarts despois de terse enfrontado cara a cara co seu peor inimigo e asasino dos seus pais, o terrible mago Lord Valdemort. Para preparar a Harry de cara ao predestinado Harry Potter e o misterio do príncipe enfrontamento co mago máis malvado de todos os tempos, o. director de Hogwarts,Albus Dumbledore, decide embarcar a Harry nunha serie de viaxes co obxectivo de coñecer os comezos de Lord Valdemort no mundo da maxia e poder descubrir así os seus puntos débiles. Ademais do apoio dos seua inseparables amigos, Ron e Hermione, contará coa axuda dun antigo libro de pocións que leva a sinatura dun tal "Príncipe Mestizo", o cal oculta unha terrible escuridade...

*** Por... Rodrigo Álvarez Fernández, 2º de Bacharelato b

O curso máis lector


O curso 1º da ESO A é o máis lector no que vai de curso.

Parabéns rapaces!

28 abr 2007

María Mariño, fragor no verso

Podemos facer un achegamento á vida da poeta María Mariño Carou parándonos en tres lugares: Noia, a ,vila mariñeira na que verá a luz un 8 de xuño de 1907, e na que pasará a súa infancia e primeira xuventude. Escarabote, unha pequena aldea mariñeira do concello de Boiro, aquí chega María con vinte anos e aquí coñece ao que será o seu compañeiro, o mestre Roberto Blanco Posse. Parada do Courel, a aldea da montaña luguesa onde vivirá os últimos vinte anos da súa vida e a onde chega arrastrando un monllo de fonda tristura pola perda da súa nai, do seu irmán e do fillo que non chegaría a cumprir os dous meses. Toda a bagaxe de vivencias coas que María Mariño Carou chega ás terras courelás vaise metamorfosear en orixinais versos, poemas- ponte para atravesar do mundo dos sentimentos ao da natureza, do mundo das ausencias obrigadas ao da lembranza permanente, do mundo dos desexos frustrados á plenitude gozada. Daquela María Mariño non pode tecer cunha lingua gastada, cansa, feble. Se é preciso vaise lavar no mar cada palabra e poñer ao clareo cada verso para que recuperen prestancia, solidez, equilibrio. Romperá as regras e. creará nos seus versos novas palabras e novas estruturas lingüísticas. María Mariño fará do seu desexo semente co que dar a luz a súa obra.

CÁNTOS camiños fartos!
Cántas frores recendentes!

Donos aires me levaron
i en cántos veño
que non teño!
Hai sol de nevaradas.
Hai xeadas que alumean.
Hai aires de bon pasar
e que sempre atrás se quedan.
(Palabra no tempo)