5 may. 2007

Editorial: Por que ler ?

O día que dixen na miña casa que me gustaba ler, meu pai puxo o grito no ceo.

- Pero, como é posible que che guste ler? - dixo alzando a voz -. Víchesme a min ler algunha vez? Le a túa nai? Le o teu irmán? Non, verdade? E non estamos todos sans e fortes?. Miña nai foi máis suave:

- Fillo, por que o fas? Por que les? - preguntoume entristecida.

Sen deixarme responder, meu pai voltou á carga:

- Tes un ordenador, tes moreas de videoxogos, puxémosche un televisor no teu cuarto e, aínda así, o neno caprichoso prefire ler libros. Paréceche bonito ese vicio?

Vicio? Eu, a verdade, non souben que responder. Comprobei despois ás agachadas no dicionario, que tamén é un libro, que un vicio é un mal costume que se repite con frecuencia. Naquel intre, máis que un vicioso, sentíame coma un ladrón que acabara de roubar un banco e fose pescado in fraganti.

Para colmo aínda tiña o botín na man, isto é, os libros que sacara da biblioteca. Meus pais miráronos horrorizados e leron os títulos con dificultade. A cousa non rematou aí. Tiven que prometerlles que nunca máis voltaría a ler libros na casa.

A verdade é que me gustaría compartir este interese pola lectura con alguén, pero os meus amigos pensan coma meus pais. Eles só saben falar de fútbol. Un día insinueilles que lera un libro; miráronme coma se fose un enfermo contaxioso, e afastáronse de min poñendo cara de noxo.

Cumprín a miña promesa. Xa non leo na casa, agora leo sentado nun banco do parque ou na biblioteca, onde eles non poden verme. Ás veces, cando me dedico a este vicio, teño medo a que me descubran, aínda que logo esquézome de todo.

Síntoo polos meus pais, pero a min gústame ler, e que?

1 may. 2007

Estamos de parabéns


Estamos de parabéns, e non só porque vexa a luz o noso primeiro número do boletín, senón porque xa contamos cunha nova biblioteca escolar. O pasado 30 de marzo celebrouse a inauguración da biblioteca A2 do colexio de educación infantil de Vide. Alí estivemos e puidemos comprobar o ben que lles quedou.

Recomendamos ... O. cazador de estrelas ( 1º ciclo)



Título: o cazador de estrelas
Escritor: Ricardo Gómez
Tradutor: José Ignacio Chao Castro
Editorial: Tambre
Colección: Catavento
Cidade: Zaragoza
Ano: 2004
N" páx.: 172
ISBN: 84-263-5470-X

Bachir é un neno enfermo que vive nun campamento de refuxiados saharauis. Debido á súa doenza está recluído nunha tenda e a súa familia coida del. Non sabe ler nin escribir e abúrrese cos libros de imaxes que lle leva súa irmá. Descobre que a través dos sons que lle chegan do exterior pode enterarse de todo o que pasa no campamento. Entretense escoitando estas voces e imaxinando o que transcorre fóra da súa tenda. Unha noite escoita o ruído duns pasos e coñece a un vello que lle vai contar a historia do seu pobo e a posibilidade de curarse da súa enfermidade.

Recomendamos ... O príncipe da Brétema (2º ciclo)



Título: o príncipe da Brétema
Escritor: Carlos Ruiz Zafón
Ilustrador: Tino Gatagán Tradutor: Inés Sixto García Editorial: Rodeira-Grupo Edebé Colección: Periscopio Cidade: A Coruña Ano: 2000 Reedición: 2002 N" páx.: 221 ISBN: 84-8116-327-9

Max trasládase xunto coa súa familia a un pobo da costa para afastarse da guerra. De contado vai descubrir que o seu novo fogar está envolto nun terrible misterio. Coa aparición do Dr. Caín, un diabólico personaxe, comezan a precipitarse os acontecementos.

ASÍ EMPEZA...


Aínda terían que pasar
moitos anos para que
Max esquecese aquel
verán en que descubriu,
case que por casualidade,
a maxia.

Recomendamos ... Rinoceronte Editora, o parque natural da traducíón ao galego ( adultos)

Rinoceronte Editora quere contribuir a encher os ocos no campo da tradución á lingua galega. Do seu catálogo - dende O Decameron até Arthur e George de Julian Barnes - cuxos libros tedes ao voso dispor na biblioteca do noso centro, queremos recomendar neste primeiro boletín a Arto Paasilinna, que ten a capacidade de contar de forma cómica as historias máis tráxicas e desconcertantes, protagonizadas polos seus prototipos de homes finlandeses, algo anárquicos e individualistas. Arto Paasil (Kittila, Finlandia, 1942) foi gardabosques, xornalista e poeta antes de converterse en novelista de culto no seu país, onde cada novo libro seu (xa máis de trinta) se vende por milleiros. Traducido xa a decenas de linguas, O bosque dos raposos atoreados é o primeiro libro que se verte do finlandés ao galego.

Sóache ?

Mika é o artista máis prometedor do ano según a enquisa anual que
realiza a BBC entre máis de 130 profesionais independentes do
mundo da música e dos medios de comunicación británicos. No número un está Mika, un cantante e compositor de enorme talento nacido en Beirut Vai 23 anos. Fuxindo da guerra do Líbano pasou coa súa familia por diferentes lugares (Kuwait, París) antes de establecerse en Londres. Dende pequeno tiña claro que quería dedicarse á música e tras varios intentos parece que lle chegou o momento. Según as súas propias palabras, foi rexeitado durante anos por ser demasiado melódico para a escena indie e demasiado raro para a escena comercial. Os medios estano comparando con Scissors Sisters, Beck, T-Rcx e, sobre todo, Freddie Mercury. Mika declara que creceu escoitando de todo, de Joan Baez ou Bob Dylan até Serge Gaingsbourg ou flamenco e que admira ós grandes compositores coma Harry Nilson, Prince ou Elton John, capaces de facer grandes discos cunha visión propia. Visión, estilo propio e capacidade para facer grandes cancións de pop tampouco lle faltan. O seu primeiro álbum, "Life in Cartoon Motion", é o tema Gra Kelly xa son un éxito nas emisoras de radio. Na súa páxina web (www.mikasounds.com/uk.php ) hai máis temas para escoitar.

...de películal

300 é o feroz relato da antigua Batall8. das Termópilas, na que o rei Leónidas (Gerard Butler) e 300 espartanos loitaron até a morte contra Jerjes e o seu gran exército persa. Plantado cara o seu destino, o seu valor e sacrificio inspirou a toda Grecia a unirse en contra do inimigo persa. Inspirada na obra do novelista gráfico Frank Miller, creador de "Sin City", 300 é unha aventura épica sobre a paixón, o valor, a liberdade e o sacrificio dos guerreiros espartanos que loitaron nunha das batallas máis grandes da Historia.
Coescrita e dirixida por Zack Snyder ("Amanecer de los muertos") a película completa o seu reparto cos actores Lena Headey ("Los hermanos Grimm"), David Wenham (triloxía de "El señor de los anillos") e Dominic West ("Misteriosa obsesión").


http://www.warnerbros.es/300